Concurso: Cóntame un conto

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Concurso: Cóntame un conto

BASES

  1. Poderá participar en «Cóntame un conto» todo o alumnado matriculado no curso académico 2023-2024 da Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo.
  2. Os participantes dispoñerán dun máximo de 10 minutos para narrar un conto clásico ou actual de autor en lingua galega ou castelá. É dicir, non serán válidas historias inventadas.
  3. Ademais da voz e dos xestos, a narración do conto poderá acompañarse de instrumentos musicais, debuxos, carteis, disfraces, marionetas, etc. (non se poderá facer uso de escenarios, PowerPoint, etc.)
  4. A participación deberá ser individual.
  5. O número máximo será de sete participantes. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición.
  6. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na biblioteca da Escola desde o 2 de abril ata o 23 de abril (inclusive) no seu horario habitual. No momento da inscrición deberán indicar o seu nome, apelidos e curso, así como o título e autor do conto.
  7. A actividade terá lugar o xoves 25 de abril ás 10:45 h na aula de Psicomotricidade.
  8. O xurado estará composto por cinco membros do profesorado da Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo. O seu ditame será comunicado aos gañadores ou gañadoras o mesmo día do concurso.
  9. O premio para a persoa gañadora consistirá nun lote de libros valorado en 100€
  10. De todos os xeitos, o xurado poderá declarar deserto o certame se así o considera oportuno.
  11. A participación neste concurso presupón a aceptación das bases, así como a interpretación que das mesmas efectúe o xurado.

 

Nova Plataforma de Servizos Bibliotecarios

As nosas compañeiras e bibliotecarias, Alicia e mais Rosa, estiveron a semana pasada en Madrid nunhas xornadas con todo o persoal de bibliotecas CEU para coñecer como será a nova Plataforma de Servizos Bibliotecarios (PSB) e o novo metabuscador que se vai implantar en todas as bibliotecas dos centros CEU. Veñen cambios, pero temos a Rosa e Alicia, grandes profesionais, que nos irán guiando ao longo deste proceso.