A Biblia

A Biblia

As nosas compañeiras e profesoras, María del Carmen Rodríguez Lorenzo e Ana Caíño Carballo, participaron na revisión lingüística da 4ª edición da Biblia, publicada pola editorial SEPT. Con esta nova edición dáse resposta a un baldeiro, pois non se contaba cunha versión adaptada á normativa actual da lingua galega. Desenvolvido por un grupo de filólogos e filólogas de toda Galicia, este foi un traballo de anos do que agora obteñen o primeiro froito: a publicación en papel desta 4ª edición.