Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

DE ERASMUS EN PLENA PANDEMIA

Non semellaba o mellor ano para irse de Erasmus, pero as alumnas de 3.º curso do grao de Educación Infantil, Rita Alonso e Laura Fernández González tivérono claro dende que o pasado mes de febreiro lles comunicaron que lles fora concedida a bolsa de Erasmus. A pesar de no mes de marzo viron ameazada esa posibilidade, non perderon a fe e seguiron adiante con todos os trámites. “A Covid-19 motivounos aínda máis para querer saír da nosa casa e descubrir mundo despois de tantos meses encerradas. As ganas que tíñamos de vivir a experiencia eran maiores que o medo”, sinalan dende a súa estadía en Módena (Italia).

Entre as dificultades que se atoparon neste ano tan convulso destacan a incerteza ata o último momento de se a Universidade de Módena aceptaría ou non estudantes Erasmus, a busca de aloxamento e conseguir facer unha proba PCR antes de voar rumbo a Italia. Malia a todos estes problemas e a todas as restricións que a crise sanitaria impón, Rita e Laura amósanse felices e afirman que se senten moi afortunadas por todo o que están a vivir, aínda que si, recoñecen que botan moito en falta as súas familias e amigos que “se preocupan moito por nós debido a situación actual”.

Neste tempo na rexión italiana, estableceron uns lazos de amizades moi fortes o que as leva a falar xa da súa familia italiana, recoñecen que cando lles toque volver botarán  tamén de menos a esta familia italiana e a  “esta cidade que é fermosa e xa a sentimos nosa, unha boa pizza, a pasta, movernos coas nosas bicicletas… máis ben de Módena botaremos de menos todo”. No plano académico, destacan como unha grande oportunidade poder estudar na Facultade de Educación de Reggio Emilia, recoñecida polo seu traballo na formación de docentes, da que se quedan coas “variadas e interesantes opcións de materias que temos para escoller e coa profesionalidade dos docentes, moi atentos sempre co alumnado Erasmus”.

Cando se lles pregunta que lles gustaría transmitir os  seus compañeiros da Escola de Maxisterio sobre o seu Erasmus, non o dubidan: “Gustaríanos animar a todo o que lea isto a vivir esta experiencia. Non sabemos como vai ser a situación cando lles toque vir a eles, pero se nós, en plena Covid-19, estamos a vivir a mellor experiencia das nosas vidas, como será todo isto cando volva a normalidade?”, pregúntanse e rematan cunha sentencia: “Nun Erasmus, non hai tempo para pensar na palabra ‘aburrimento’.

RECOGIDA DE ALIMENTOS #NuevaNavidadCEU

Deposita tu donación en las cajas que encontrarás a la entrada de tu Centro CEU, donde te darán más indicaciones. Aunque todas las donaciones son bienvenidas, nos han transmitido que las más necesitadas son las de los siguientes alimentos:

Leche entera |  Colacao  |  Café  |  Aceite  |  Galletas  |  Cereales  | Azúcar  |  Quesitos  |  Patés  |  Arroz  |  Tomate  |  Crema de cacao  |  Harina  |  Pastas  |  Legumbres  |  Zumos  |  Conservas en lata  |  Productos envasados al vacío.

Charla informativa ORI

El viernes 11 de diciembre a las 15h, la Oficina de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo dará una charla informativa sobre la convocatoria ERASMUS 2020/2021. Para poder conectarse a esta reunión virtual, tendréis que pinchar en el enlace que os llevará al Campus Remoto de la Universidad de Vigo y, en Acceso estudantado, poner vuestro nombre y la contraseña: 5b7zWuB9. Una vez dentro, dadle a Sala de videoconferencia para uniros a la charla.