A nosa profesora María del Carmen Rodríguez Lorenzo participa no XV Congreso Internacional de ANILIJ

A nosa profesora María del Carmen Rodríguez Lorenzo participa no XV Congreso Internacional de ANILIJ


A nosa profesora e compañeira María del Carmen Rodríguez Lorenzo participou este venres, 23 de outubro, no XV Congreso Internacional da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ), celebrado na Universidade da Laguna, en Tenerife, cunha comunicación centrada no valor educativo e literario da tradición galega.

Baixo o título Aprender con la tradición: mitos, leyendas y folclore de Galicia como herramienta educativa y literaria, a súa intervención abordou a riqueza do patrimonio cultural galego a través dos seus mitos, lendas e manifestacións do folclore, transmitidos de xeración en xeración e estreitamente ligados á identidade colectiva.

A comunicación destacou o potencial destes relatos como recurso didáctico na literatura infantil e xuvenil, así como a importancia da literatura e da educación na conservación e difusión da tradición cultural galega.

O congreso, celebrado do 21 ao 23 de outubro baixo o lema Literatura infantil y juvenil y territorio: desde las literaturas regionales al canon nacional y universal, reuniu investigadores arredor das relacións entre literatura, territorio e identidade cultural, coa finalidade de dar visibilidade ás creacións e tradicións literarias de distintos ámbitos rexionais.

Moitos parabéns á nosa compañeira por contribuír á difusión do patrimonio cultural galego e á investigación en literatura infantil e xuvenil.