Becas del Ministerio

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

LA ANIMACIÓN ‘STOP MOTION’ COMO RECURSO EDUCATIVO

En la asignatura «Taller de creatividad artística», impartida por el profesor José Luis Holgado,  los alumnos han trabajado estas semanas con la animación «Stop motion«. Esta técnica consiste en aparentar el movimiento de objetos estáticos a partir de la sucesión de imágenes fijas. Gracias a ella, el alumnado ha podido desarrollar su creatividad y habilidad mezclando diferentes recursos como las nuevas tecnologías, el lenguaje verbal y no verbal, la música y la plástica, pero, al tiempo, han aprendido más sobre este recurso educativo que sin duda les será muy útil para el futuro desempeño de su profesión, pues con ella podrán trabajar los contenidos de una forma más original y motivadora. Compartimos con vosotros los resultados de estas semanas de trabajo.

Enquisas de satisfacción dos graos do curso 2022/2023

Aínda está aberto o prazo para realizar as enquisas de satisfacción dos graos do curso 2022/2023.

Poderán participar na enquisa:

  • O alumnado de 3º curso dos Graos de Educación Infantil e de Educación Primaria

A enquisa atópase na secretaría virtual da UVigo na aplicación “Enquisa de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais”.

Coa túa participación coñeceremos que opinas sobre a titulación e poderemos tentar mellorala.

Lembrámosche que a enquisa é anónima e confidencial.

Animámoste a participar!

Quen será a dona de si deste curso?

A IV edición do concurso fotográfico ‘Donas de si’ xa ten participantes. Agora hai que decidir cal é a fotografía gañadora que elixiremos entre todos os membros da Escola (alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos). Para iso, hai que achegarse ao vestíbulo da Escola onde se amosan as fotografías e votar na caixa que está en Conserxería. Para votar haberá que indicar nun papel o seguinte:

a.o nome e apelidos da persoa que vota

b.a fotografía seleccionada co seu autor/a

As persoas participantes non se poden votar a si mesmas. Todos aqueles votos emitidos que non cumpran estes requisitos serán declarados nulos. A votación desenvolverase ao longo desta semana e a próxima coñeceremos ao gañador/a.

Todo o mundo a votar!

Charla sobre el proceso de oposiciones

El jueves, el alumnado de 3º y 4º curso asistió a una charla, impartida por Anabel Antela de la academia Magister, en la que se les informó sobre todo el proceso de oposiciones (exámenes, ponderación de méritos…) y los posibles cambios que puede haber. Se habló también de otras salidas como la enseñanza en instituciones como hospitales, centro de menores, etc. Fue una oportunidad única de resolver todas las dudas que los alumnos tenían ahora que empiezan a ver más próxima la meta.

Visita al Centro de Recursos Educativos de la ONCE

El alumnado de 1º curso de Educación Primaria visitó ayer el Centro de Recursos Educativos de la ONCE, en Pontevedra. Esta salida fue organizada por la profesora Paula Ramos en su asignatura Prevención y Tratamiento de las Dificultades del Aprendizaje con el objetivo de concienciar al alumnado sobre el mundo de la discapacidad visual y de que conozcan las diferentes adaptaciones que pueden llevar a cabo en las aulas. Los alumnos participaron en cuatro talleres centrados en cómo guiar a una persona ciega, sobre el braille y cómo producir un libro, cómo adaptar el material didáctico y sobre los recursos didácticos que tienen a su alcance. Una mañana intensa de aprendizaje real en las que todos ellos conocieron de primera mano cómo es el día a día de estas personas.

Pioneras

Por que conmemoramos onte o 8 de marzo? Por que non un 9 de abril? Por que a cor violeta? Por que non un día do home? Temos claras as respostas? Máis aló do día 8 de marzo, a Escola quere celebrar este día ao longo destas semanas con distintas actividades, coordinadas pola Enlace de Igualdade, a profesora Montserrat Rúa, dende diferentes materias. Non pasedes de longo: en Biblioteca teredes unha pequena mostra bibliográfica, nos diferentes andares distintas exposicións sobre pioneiras, na entrada unha pequena exposición sobre as mulleres e a tecnoloxía cun concurso con premio e temos o xa clásico concurso fotográfico de Donas de si. Non deixedes de participar, de pararvos a ollar con curiosidade o que vos rodea. O feminismo, a igualdade comezan por pequenos actos: ter claras as respostas, saber de onde vimos, grazas a quen estamos aquí e manter ese legado.

Ángel Carracedo

O currículo de Ángel Carracedo é inmenso. Case tanto como o libro do que nos veu falar onte. Un libro moi especial que todos temos, un libro con capítulos (os cromosomas) e con instrucións (xenes): o ADN.  Esta metáfora posta por el é un claro exemplo do que foi a súa charla: moi amena e didáctica. Nela foi debullando en que consiste o seu traballo como xenetista ao fronte dun grande equipo multidisciplinar, falounos da orixe desta molécula que se formou hai catro mil millóns de anos para dar lugar a vida. E de novo, outro exemplo clarificador, se a vida é un día, os seres humanos levamos menos dun minuto na terra, porque a vida humana xurdiu hai douscentos mil anos. Isto tradúcese en que  o ser humano é a especie menos diversa de todas e, como el sinalou, a diversidade é fundamental para garantir o éxito e a supervivencia da especie.  

Da súa man fixemos un percorrido polas particularidades da especie humana (a comunicación, a curiosidade, o sentido da transcendencia) e das doenzas que lles afectan  e canto hai nesas enfermidades de compoñente xenético e de compoñente ambiental. Cando xa estabamos cos conceptos ben aprendidos, saltamos ao sistema educativo actual. Se a comunicación e a curiosidade son algúns dos signos distintivos do ser humano, a educación non se pode basear só na memorización e na concentración.  

O sistema educativo, segundo Ángel Carracedo, non está preparado para acoller a diversidade da especie humana, para respectala e valorala e precisa dunha transformación radical. Unha transformación necesaria, porque sen esa variabilidade a especie humana non poderá subsistir. Polo tanto, cómpre mudar axiña a concepción que temos do TDAH ou do TEA como algo unicamente negativo e tratar de adaptar os sistema para darlle acollida a esas persoas e que, así, deixen de sufrir.  Foi unha desas charlas que deixan pegada e que se prolongan máis alá do aplauso final. Foi una sorte recibir a súa visita.