Premios “Donas de si”

Premios “Donas de si”

,

“O tempo non lle discute que ela era dona de seu”. Pois si, nin o tempo nin a Escola de Maxisterio llo discutiu e o 1º premio do Concurso de Fotografía ‘Donas de si’ foi para a fotografía de Raquel Lago Martínez, alumna de 2º Grao de Educación Infantil, que premonitoriamente lle puxo este título a esa fotografía que amosa o paso do tempo. O segundo premio foi para Chelo e o seu sombreiro, unha fotografía de Nerea Pereira, e xa por último, unhas filloas de época desas que só poden facer unhas mans experimentadas foron as protagonistas da 3ª fotografía premiada, cuxo autor foi Sergio Chedas.

Esta mañá tivo lugar a entrega de premios aos gañadores da man da Enlace de Igualdade e coordinadora do concurso, a profesora Montserrat Rúa. Tamén aproveitouse para darlle o premio a outra alumna de Educación Infantil, Alba Couse, quen gañou o sorteo sobre as achegas das mulleres no campo da tecnoloxía. Remata marzo, un mes que na Escola estivo marcado por distintas actividades coas que se quixo homenaxear o legado de diferentes mulleres. Porque elas existiron antes, estamos nós aquí agora. Vén abril aí e sería bo que máis alá de marzo e do 8 de marzo, soubésemos recoñecer e transmitir ese legado e non quedase só nun día de. A igualdade é un traballo de todos os días.