Presentación e Inicio de clases




As profesoras Sandra Álvarez Ledo e Ana Caíño Carballo participaron no coloquio internacional organizado pola Universidade de Vigo, que reuniu algunhas das principais voces especializadas en literatura medieval e poesía de cancioneiro.
Ana Caíño presentou a comunicación Transmisión, corpus e edición da poesía non dialogada de Juan Alfonso de Baena, mentres que Sandra Álvarez afondou nos Problemas textuais e ámbito de creación na poesía política da corte de Enrique III: o caso da caída do Cardeal de España.
A súa participación contribúe ao intercambio de coñecemento nun dos principais foros especializados neste ámbito.


Un curso más, los alumnos de primero de la Escuela de Magisterio CEU de Vigo han desarrollado el PROYECTO MPAD.1 (Mi Primera Acción Docente) en el Colegio Montesol de Vigo, a través de una iniciativa que celebra su cuarto aniversario organizando conjuntamente la primera experiencia de estos alumnos como maestros.
El proyecto forma parte del área de Diseño y Desarrollo del Currículum, donde se forman en la elaboración de programaciones didácticas, que finalmente, desarrollan en el centro escolar con el alumnado, tanto de EI en el primer cuatrimestre como de EP en el segundo.
El proyecto pone su foco en la necesidad de conocer cuanto antes la realidad de los centros escolares y el contacto directo con el alumnado, comprendiendo la importancia de la organización de la tarea como base de un trabajo eficaz en el aula y de la implementación de metodologías y recursos adecuados en el proceso de enseñanza-aprendizaje.
Nuestro agradecimiento más especial al Colegio Montesol, siempre dispuesto a colaborar con nosotros y a formar parte de la formación de los futuros maestros, poniendo a nuestro servicio tanto sus magníficas instalaciones como la experiencia, profesionalidad e ilusión de sus profesionales






(11/05/2026)

Hai quen xoga ao FarmVille desde unha pantalla, pero esta semana o alumnado de 1º de Educación Infantil da nosa Escola decidiu vivir a experiencia dunha granxa… de verdade. Ou case. Galiñas, vacas, ovellas e abellas, granxeiros e granxeiras, pole e moito movemento convertéronse nos protagonistas do proxecto dual desenvolvido xunto ao alumnado de 6º de Infantil do Colexio Salesianos de Vigo.
A actividade comezou cunha narradora que pediu axuda aos pequenos visitantes: as tarefas da granxa estaban sen facer e era necesario poñerse mans á obra. A partir dese fío condutor, os nenos e nenas foron superando diferentes probas e retos preparados polo alumnado universitario. Recoller o pole das flores, xuntar os ovos das galiñas, sachar e recoller verduras, axudar ás ovellas coa la, muxir as vacas ou dar de comer aos porcos foron algunhas das actividades que encheron a mañá de xogo, cooperación e aprendizaxe. A través destes exercicios traballáronse tanto a psicomotricidade grosa como a fina, sempre desde unha metodoloxía activa e participativa. Como recompensa polo gran traballo realizado, todos remataron bailando a divertida canción final da “Ensalada”, un broche de ouro a unha xornada inesquecible.
O alumnado escolar estivo acompañado polas profesoras Susi e María, ambas antigas alumnas da nosa Escola, nun encontro especialmente emotivo que reforza os vínculos entre xeracións de docentes. A satisfacción foi compartida por todos os participantes: os nenos e nenas gozaron enormemente da experiencia e as profesoras de Salesianos destacaron o excelente traballo realizado polo alumnado de Maxisterio, que demostrou, en palabras da súa profesora Purificación García, creatividade, implicación e unha gran capacidade de organización e traballo en equipo. (11/05/2026)



Información básica sobre Protección de Datos
|