BASES
- Poderá participar en «Cóntame un conto» todo o alumnado matriculado no curso académico 2023-2024 da Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo.
- Os participantes dispoñerán dun máximo de 10 minutos para narrar un conto clásico ou actual de autor en lingua galega ou castelá. É dicir, non serán válidas historias inventadas.
- Ademais da voz e dos xestos, a narración do conto poderá acompañarse de instrumentos musicais, debuxos, carteis, disfraces, marionetas, etc. (non se poderá facer uso de escenarios, PowerPoint, etc.)
- A participación deberá ser individual.
- O número máximo será de sete participantes. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición.
- As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na biblioteca da Escola desde o 2 de abril ata o 23 de abril (inclusive) no seu horario habitual. No momento da inscrición deberán indicar o seu nome, apelidos e curso, así como o título e autor do conto.
- A actividade terá lugar o xoves 25 de abril ás 10:45 h na aula de Psicomotricidade.
- O xurado estará composto por cinco membros do profesorado da Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo. O seu ditame será comunicado aos gañadores ou gañadoras o mesmo día do concurso.
- O premio para a persoa gañadora consistirá nun lote de libros valorado en 100€
- De todos os xeitos, o xurado poderá declarar deserto o certame se así o considera oportuno.
- A participación neste concurso presupón a aceptación das bases, así como a interpretación que das mesmas efectúe o xurado.