Encontró de capeláns
O noso capelán, Uxío Nerga Menduíña, participou o pasado luns en Madrid nunha xornada na que se atopaban consiliarios da ACdP e outros capeláns das universidades e colexios CEU xunto ao Excmo. e Rvdmo. Fidel Herráez Vega, arcebispo Emérito de Burgos e Consiliario Nacional da ACdP e Jesús Robledo, directo de Pastoral e Voluntariado do CEU.
O encontro comezou cunha visita a sede do xornal El debate, onde foron recibidos polo presidente Alfonso Bullón de Mendoza e por Bieito Rubido, director do periódico. De seguido, trasladáronse ao Colexio Maior Universitario de San Pablo no que mantiveron distintas reunións para intercambiar impresión, compartir inquedanza e repasar actividades e iniciativas comúns.
Estade moi atentos, porque nos vindeiros días iremos anunciando algunhas das actividades de pastoral que se están desenvolvendo e se van desenvolver ao longo deste cuadrimestre.