O proxecto precompetitivo «implementación de proxectos STEAM a través de metodoloxíasactivas en titulacións universitarias de Educación» de alcance nacional aterra na nosaEscola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo (Centro Adscrito á Universidade de Vigo). Faino da man do alumnado de segundo do Grao en Educación Primaria impulsado polaprofesora Sandra Fragueiro.
Esta iniciativa innovadora que combina Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas cunha metodoloxía activa, a aprendizaxe cooperativa, enmárcase dentro da materia Didáctica das Ciencias Experimentais-I. Ten como obxectivo preparar os futuros mestres e mestras para deseñar experiencias de aprendizaxe activas, creativas e sostibles.
A través desta experiencia o alumnado tivo que deseñar e construír dispositivos funcionaislúdicos con materiais reciclados. Estes móvense grazas a procesos físicos ou químicos, como a presión hidráulica ou reaccións controladas e, ademais, incorpóranse ferramentasde programación dixital. Este reto non só responde a criterios pedagóxicos e didácticos, senón tamén a un compromiso coa educación ambiental, de modo que se abordan transversalmente temas como o consumo responsable e o coidado do planeta.
Trátase dunha proposta sólida, adaptable e aliñada cos desafíos actuais da educación e coa que o noso estudantado demostrou a súa valía. Parabéns por este excelente traballo!