Día da Biblioteca, xoves 24 de outubro

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Día da Biblioteca, xoves 24 de outubro

Celebramos o día da Biblioteca e gustaríanos contar coa vosa participación.
Leede detidamente a seguinte mensaxe e anotádevos antes do 24 na biblioteca!
Nin bicos nin paisaxes. A cor desaparece das ilustracións de varios exemplares da nosa Biblioteca.
Tras o roubo de De que cor é un bico? outro estraño enigma atormenta ás bibliotecarias.
O pasado mes de maio demos o aviso do roubo do exemplar De que cor é un bico da nosa Biblioteca. O que non sabíamos     que case cinco meses despois a historia repetiríase, pero doutro xeito. Segundo Rosa e mais Alicia, foi algo sutil. “De súpeto, nunha devolución, comprobei que Teo tiña o pelo con canas e non entendín nada”, sinala Rosa. Alicia, máis resolutiva, quitoulle importancia: “Eses libros son do ano da polca, é normal que vaian perdendo cor”. Pero a Rosa, que ten nome de cor, aquilo non lle acaba de cadrar ben e foi mirar outros libros.  O primeiro que comprobou foi que o cueiro de ¿Puedo mirar tu pañal? seguise a ser de cor branca, pero descubriu que todo o libro estaba en branco e negro. Correndo ensinoullo a Alicia, porque a súa teoría de que afectaba só a libros antigos e descatalogados xa non era válida. Xuntas, e mira que isto non lles gusta, quitaron toda a tira de libros de LIX e descubriron que o branco e negro apoderarase de boa parte deles. “Eran como fotocopias de mala calidade. A edición fermosa que temos de Babar, de Alicia no país das Marabillas… Non entendíamos nada. Só libros como Gato y Pez seguían tendo sentido”, afirman moi impactadas. Polo de agora sábese que hai libros afectados no andel de literatura infantil e xuvenil e mais no de psicoloxía, pero, como sinalan, “Ninguén espera cores nun manual de psicoloxía”.
Así as cousas, as nosas bibliotecarias reclaman a colaboración dos usuarios para dar coa criatura ou criaturas que están a roubarlle a cor ás ilustracións dos libros. Por iso, convidan a aquelas persoas interesadas en resolver o enigma a que acudan á Biblioteca para que coas pistas que o presunto(s) culpable(s) lles deixaron para dar con el ou eles.
A colaboración pode ser individual ou en grupo e haberá unha recompensa para os que consigan resolver o enigma.

Ramón Caride

Non todos os días se ten a oportunidade de escoitar a un autor clásico da LIX falar da súa obra e iso foi o que pasou o pasado xoves. Ramón Caride veu acompañado de Said e de Sheila, de Xan Farrapeiro, de Sara e mais Ruki e de todas as historias que ao longo dos seus trinta anos como escritor foi creando para o público infantil. Na súa charla abordou cales son os eixos temáticos da súa narrativa infantil: o interese polas lendas e o conto tradicional, o papel da ciencia nas sociedades avanzadas, a ecoloxía e a crítica social. Reivindicou o poder do libro e de contar historias fronte ao perigoso desenvolvemento da IA, pois, como sinalou, non hai nada máis revolucionario que abrir un libro e que o tempo fique suspendido. Grazas a Ramón e mais @aelg.galiza por este encontro na nosa Escola.

Talleres de la Asociación Inventiva

El pasado sábado se retomaron las jornadas de los talleres de la Asociación Inventiva (@inventiva_asoc) con familias y niños de AACC. Mientras los niños disfrutaban de los diferentes talleres, más de cincuenta padres y madres escucharon la conferencia de Ángela Piñeiro, pedagoga y psicóloga, sobre la doble excepcionalidad: AACC más TDAH, AACC más TEA, AACC más DISLEXIA…. A esta charla también acudieron Julia Criado del Rey (profesora de Escuela Inclusiva de la escuela) y Paula Ramos (profesora de Prevención y Tratamiento de las Dificultades del Aprendizaje).
También participaron alumnos de la escuela en distintos talleres. Así, Claudia Fernández y Sara Cabezas de 2º de EI lo hicieron en el taller de cine; Deisy Moreno, Noa Paredes, Xulia Cedeira e Irene García disfrutaron con los más pequeños en el taller de arte; Cristina Pérez (4º EP) y Cloe Martínez (3ºI), en el taller de game-based mentoring y Pedro Seoane de 1º de Primaria estuvo en el de robótica.
Fue una jornada muy interesante y enriquecedora. Animamos a todo el alumnado a que sigan participando en estos talleres que regresarán a la Escuela el próximo sábado, 26 de octubre.

Inauguración do curso

O pasado xoves a Escola inaugurou con toda solemnidade o curso académico 2024/2025. Dende as 11.30 h suspendéronse as clases para asistir a Eucaristía, oficiada polo noso capellán Uxío Nerga, que nos lembrou na súa homilia que aínda que ás veces todo se nos veña enriba como a Xob ou non entedamos o porqué das cousas (e seguro que neste curso vai pasar) debemos confiar no Señor para saírmos adiante. De seguido, no acto académico, a secretaria da Escola, a profesora Sandra Álvarez, deu lectura a memoria académica do curso pasado no que se recollen aquelas actividades e feitos máis significativos. Bieito Rubido, director do xornal El debate e cunha longa traxectoria como xornalista, foi o encargado de dar a lección inaugural que versou sobre como as novas tecnoloxías mudaron os medios de comunicación e o xeito de informarse e subliñou a necesidade de ter medios de comunicación independentes e rigorosos. Na súa charla, Rubido animou tamén o alumnado a retar o algoritmo, a despistalo para que non só ofreza o que queremos ver/ler. O acto concluíu co Gaudeamus igitur, pois si, gaudeamus, que temos por diante un curso ben interesante.