Libros para soñar

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Libros para soñar

O alumnado das materias de Didáctica da Lingua e Literatura Español e mais de Lingua e Literatura Galego, acompañados pola súas profesoras Marta Peláez e Ana Caíño, visitaron este martes a librería ‘Libros para soñar’. Foi unha clase de literatura diferente na que o alumnado puido comprobar de primeira man os distintos tipos de libros por etapas (dende 0 anos ata toda a etapa de primaria), reflexionar sobre que entendemos por literatura infantil e xuvenil e o difícil que é ás veces ter criterios de calidade á hora de escoller un bo libro. Unha mañá distinta cunha aprendizaxe directa.

Conferencia

Con Paula Carballeira como condutora, esta mañá viaxamos a outras culturas con Basilisa a fermosa, cun coello africano, cos yinns e outros personaxes da tradición oral para comprobar que non somos tan diferentes malia que nos separen miles de quilómetros e para saber que ás veces o descoñecido podes ser ti. Aprendemos que as narracións orais poden ser unha gran ferramenta para afrontar os medos e, sobre todo, serven para construír novas realidades cando todo semella destruído. Grazas a Paula Carballeira por converternos por un momento en coellos e leoas dispostos a enfrontar calquera medo.

Paula Carballeira

Non perdades a oportunidade de escoitar este xoves a Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz galega que xa estivo con nós fai dous anos. Nesta ocasión virá a falarnos da importancia de contar historias que permitan un diálogo intercultural, a inclusión do diferente, a riqueza da variedade, fuxindo de xeralizacións e de estigmatizar desde o descoñecemento. É dicir, como a narración, tanto oral como escrita, pode ofrecerlle ferramentas á infancia para afrontar uns temores favorecidos polas correntes de opinión e a información superficial das redes sociais, partindo da fabulación e do xogo. Neste momentos de guerra en Europa, pero tamén nos últimos anos, é cada vez máis unha realidade a chegada de refuxiados, nenos e nenas doutros países e culturas, por iso seguro que é ben interesante a proposta que nos vai traer. Que non cho conten logo, ocupa o teu asento e escoita con atención.

Concurso Biblioteca

Os invitamos a celebrar el Día de la Biblioteca (24 octubre). Ya podéis participar en nuestro concurso.
#escuelamagisterioceuvigo
#DíaDeLasBibliotecas 
#DíaDeLasBibliotecas2022
#BiblioTEcuida
#DíaDasBibliotecas