A poesía creada e difundida na época dos primeiros Trastámara de Castela

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

A poesía creada e difundida na época dos primeiros Trastámara de Castela

A UVigo coordina un proxecto internacional para editar e analizar a poesía creada e difundida na época dos primeiros Trastámara de Castela

Comprende o período entre finais do s. XIV e principios do XV, do que apenas hai testemuños poéticos

A UVigo coordina un proxecto internacional para editar e analizar a poesía creada e difundida na época dos primeiros Trastámara de Castela. Neste proxecto internacional participan tres profesoras da Escola: Sandra Álvarez Ledo,  Ana Caíño Carballo e María del Carmen Rodríguez Lorenzo.
DUVI  28/10/2020 (noticia orixinal da UVigo)

Entre finais do século XIV e comezos do XV a poesía da escola galego-portuguesa comeza o seu declive e, en paralelo, comeza a emerxer a gran poesía cortesá en castelán. Deste período apenas hai testemuños poéticos e do interese por estudalo en profundidade nace o proxecto A poesía de cancioneiro en tempos dos primeiros Trastámara casteláns: textos, contextos, ecos e relecturas. Trátase dunha iniciativa na que participan oito universidades europeas lideradas pola UVigo, co profesor Antonio Chas como investigador principal.

O proxecto, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, arrancou en 2019 e desenvolverase ata 2022, se ben recolle a testemuña dun estudo anterior que agora poderá seguir avanzando co obxectivo, como explica Chas, “de editar e analizar a poesía creada e difundida na época dos primeiros Trastámara de Castela, que coincide coa súa xestación e etapa mais primitiva”. Aproximadamente, puntualiza, “estaríamos a falar da poesía creada no período comprendido entre o último cuarto do século XIV e o primeiro do XV, momento no que apenas contamos con testemuñas poéticas, de aí o interese dun estudo en profundidade”. Neste período constátase a “extinción da escola galego-portuguesa e a emerxencia e eclosión da gran poesía cortesá en castelán, xa moito mellor estudada pola crítica, a partires da escola do Marqués de Santillana en adiante”.

Na investigación están implicadas, xunto coa Universidade de Vigo, as universidades de León e CEU, esta última a través da escola de Maxisterio adscrita á UVigo e cinco estranxeiras (Lisboa, Rennes2, Údine, Verona e Northumbria).

O papel crucial dos primeiros Trastámara casteláns no desenvolvemento da poesía de cancioneiro

Os primeiros Trastámara casteláns tiveron un papel crucial tanto para a xestación da poesía de cancionairo como para a súa considerable difusión posterior. E é que como remarca Chas, “gran parte dos cancioneiros que ligan esta produción son feitos grazas ao apoio dos Trastámara, tanto casteláns como aragoneses, que mesmo utilizaron esta poesía cunha función apoloxética, para asentar a dinastía xa dende os seus comezos”. De feito, engade o investigador, tanto os reis como os nobres máis relevantes forman parte da nómina de poetas e todos, sen excepción, “aparecen constantemente aludidos nos textos, que nos ofrecen un amplo panorama social da época e que nos permiten coñecer moito mellor o contexto de creación no que xurde esta poesía”.

Neste proxecto os investigadores abordan tamén “a importante pegada, ate agora non contemplada, do mecenado feminino, coa importancia que tivo a raíña Catalina de Lancaster”. Por outra parte, dende unha óptica posterior, que segundo puntualiza Chas “constitúe un dos obxectivos mais orixinais do noso equipo, analizan a corte dos Trastámara, reis e outras personalidades relevantes da mesma e o seu papel “para a creación de obras de moi diferente tipoloxía (xénero, temática, soporte: libro, periódico, folla volandeira, entrega…) na produción literaria de autores e autoras de épocas posteriores, que viron na época destes primeiros Trastámara un modelo no que reflexar as inquedanzas políticas, sociais e ideolóxicas da súa contemporaneidade”, conclúe.

Biblioteca dixital en xestación

A investigación, como avanza Antonio Chas, realízase “a partir da análise individualizada de fontes, poetas e textos, tanto conservados como perdidos que tratamos de rastrexar, situándoa, ademais, no seu contexto europeo”. Paralelamente, tamén pretenden abordar o estudo da “complexa rede de relacións sociopolíticas, ideolóxicas e literarias tecida entre os que crearon e potenciaron a súa xestación e difusión, para o que partimos da determinación de datos cronolóxicos fiables; estes, en último termo, terán que nos permitir organizar e definir nodos ou núcleos de relacións en diferentes ámbitos: político, administrativo, relixioso e literario”.

O docente do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura apunta que “como parte mais orixinal e definitoria do noso equipo dende a súa conformación, pescudamos os ecos e relecturas a que esta poesía e a súa época deron lugar no período comprendido xa dende finais do século XV ata a actualidade, xerando estudos e mais edicións críticas rigorosas de tales relecturas, que integrarán unha biblioteca dixital agora en curso de xestación”. Chas asume “a amplitude do obxectivo xeral”, pero tamén considera que o equipo deste proxecto é quen de levalo a termo “contando coa colaboración de todos os investigadores que toman parte nas súas tarefas”.

Un equipo consolidado que segue o seu traballo

O proxecto recolle a testemuña dun estudo anterior, e grazas á renovación da financiación da Axencia Estatal de Investigación amplíase ata 2022. Mantense o equipo orixinal, “xa con sólidas conexións con grupos de investigación internacionais do noso campo, cos que mantemos estreitos contactos, ao que se sumaron dúas investigadoras que complementan diferentes aspectos nos que queríamos incidir agora para ampliar o noso ámbito de estudo”. Por unha banda, a perspectiva sincrónica, é dicir, “outras realidades literarias coetáneas, noutros xéneros literarios, que tamén tiveron incidencia no nacemento da poesía cortesá cuatrocentista, e mesmo para abarcar tamén realidades literarias diferentes ata o de agora non contempladas en relación coa nosa, como a da lírica medieval inglesa e a poesía de cancionero castelán”. Por outra banda, tamén se amplía a perspectiva diacrónica, no relativo “á pescuda de ecos e relecturas que da época dos primeiros Trastámara se levaron a cabo na literatura española nunha franxa cronolóxica mais ampla que a contemplada nunha primeira incursión”.

O concurso fotográfico Donas de si xa ten gañadores

Meses despois de que a Covid-19 deixase en suspenso moitas actividades, o xurado da I edición do concurso fotográfico Donas de si seleccionou de entre todas as fotografías enviadas as tres gañadoras: 

1º premio: Feliz con lo que hago de Sara Domínguez González

2º premio: Sobre ruedas de Sandra Valbuena Rial

3º premio: A muller e a súa ialma de Gabriel Santos Portela

Parabéns aos premiados e grazas a todos os que participastes nesta I edición.

Presentación del Voluntariado

La Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo presenta el programa de voluntariado en colaboración con Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, ofreciendo a nuestro alumnado la posibilidad de dar apoyo educativo online a familias sin recursos, y formar a voluntarios senior de Cáritas en el uso de las nuevas tecnologías. Intervendrán Belén Tombilla y Javier Alonso, responsables del programa de Animación Comunitaria y Voluntariado.

Mañana, jueves 8 de octubre, a las 12:40h

Podéis acceder a la presentación desde aquí.