Día das Letras Galegas

Bienvenidos

El blog de actualidad de la Escuela Universitaria de Magisterio CEU de Vigo

Ir a Inicio

Día das Letras Galegas


O alumnado de 3º curso de Educación Primaria, na materia Lingua e Literatura Galega, desenvolveu ao longo do 2º cuadrimestre distintas iniciativas e campañas para dinamizar a lingua galega.  Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista coruñesa, convidámosvos a visitar e botar unha ollada ao seu contido. Hai para elixir. Un podcast, @nonmortadeparranda, no que atoparedes unha conversa amena entre rapazas sobre distintos temas. Porén, se queredes optar por contidos curtos e cun punto cómico, podedes optar polos perfís @malo.seera ou @rirengalego que tamén optaron por unha publicación en papel con contidos para todos os gustos. Se vistes andar unha xouba de pé pola Escola, non estades tolos e debedes visitar @rexoubas.galegas. Na outra rede social que ten nome de onomatopea, atoparedes o perfil@estudooxqotenhoqestudar con información moi curiosa sobre distintos asuntos. E xa na biografía do perfil deixámosvos dous enlaces: un a unha revista virtual con contido moi variado e viral e outro a unha curtametraxe utópica que amosa que pasaría se cada vez que un galegofalante tivese que aturar un prexuízo lingüístico soase unha alarma.
A idea era dinamizar a lingua galega, pero semella que foi a lingua galega a que os dinamizou a eles, espertou a súa creatividade e fíxolles ser conscientes do amplo terreo que teñen para traballar e conseguir que no futuro as novas xeracións medren sen prexuízos lingüísticos.
Pasade un bo Día das Letras Galegas!
Enlaces

Os futuros mestres e mestras de 1º de Educación Infantil do Maxisterio desenvolveron un proxecto dual de gran éxito para os pequenos alumnos do Colexio San José de la Guía.

O cangrexo Sebastian tiña razón cando lle dicía a Ariel aquilo de que a vida baixo o mar era a mellor e, talvez, inspirados por ese espírito de Sebastian,  o alumnado de 1º de Infantil traballou arreo e conxuntamente para deseñar un circuíto motor que tiña como tema O fondo do mar. Coordinados pola profesora Purificación García Cajide, traballaron máis alá das horas de clase para elaborar unha serie de actividades divertidas e educativas coas que espertar a imaxinación e o interese dos máis pequenos. E a verdade é que non decepcionaron. Desde sereas e buzos ata polbos e baby sharks, que converteron a aula de Psicomotricidade nun escenario marítimo onde os nenos puideron mergullarse nun mundo de fantasía e aprendizaxe.
A actividade comezou ás 10 da mañá cunha chegada entusiasta do Colexio San José de la Guía de 3, 4 e 5 anos, acompañados polas súas profesoras, algunhas delas, antigas alumnas da Escola. O ambiente estaba cargado de emoción e curiosidade, pois os nenos esperaban con ansias o que lles tiñan preparado. E así, tiveron que arrastrarse por un barco afundido no mar, onde buscaron tesouros e descubriron misteriosos obxectos escondidos. Logo, participaron nunha limpeza dos fondos mariños, recollendo plásticos e outros residuos que ameazan a vida mariña. Ademais, realizaron xogos de busca e captura de peixes, onde puxeron a proba a súa habilidade e rapidez.
Ao finalizar as probas, a sorpresa non se fixo esperar. Os nenos atoparon un tesouro nun cofre, que contiña non só deliciosas piruletas, senón tamén diplomas de participación no evento. As súas caras ilumináronse de alegría e satisfacción ao recibir os seus premios, e reflectían que o esforzo e a diversión ás veces van man a man.
En resumo, foi unha mañá inesquecible para os nenos do Colexio San José de la Guía, na que a aprendizaxe e a diversión se uniron nunha experiencia única, grazas ao proxecto dual desenvolvido polo alumnado de 1º de Educación Infantil. Seguro que moitos, como na famosa canción, saíron pensando que pode haber aí arriba que cause tanta emoción como este proxecto.

Normativa académica

El próximo jueves 9 de mayo, tendremos una charla informativa sobre la Normativa Académica de Uvigo. Aclararemos dudas sobre matrícula, simultaneidad de estudios, reconocimiento de créditos, evaluación por compensación, traslados y cambio de centro, normativa de permanencia y otros aspectos importantes que el alumnado debe conocer.

Os esperamos a todos el jueves en el Aula 32

Uso seguro y responsable de la red

El viernes, 26 de abril de 2024, se realizaron en las instalaciones de la Escuela Universitaria CEU
de Vigo, las jornadas de formación sobre El uso seguro y responsable de la Red. La ponencia fue
realizada por el Teniente D. MIGUEL ÁNGEL DÍAZ DIÉGUEZ. En sus más de 20 años de experiencia
profesional en la Guardia Civil, el ponente ha sido coordinador del Plan Director para la
Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos, impartiendo
conferencias en centros docentes sobre el acoso escolar y los peligros de la red para los escolares
y, actividades informativas dirigidas específicamente a los docentes, para alcanzar una respuesta
coordinada y eficaz frente a los riesgos que afectan al alumnado.
La iniciativa, coordinada por la profesora Sara Martínez y enmarcada en la materia de Nuevas
Tecnologías Aplicadas a la Educación Primaria, tuvo como objetivo principal concienciar y
sensibilizar a los futuros maestros de Ed. Primaria sobre el uso correcto de la tecnología digital
y conocer y reflexionar sobre los riesgos y peligros de internet y las redes sociales. Se trataron
temas como el ciberbullying, grooming, phishing, sexting, suplantación de identidad, adicción a
las pantallas, etc.
Fomentar la conciencia sobre la adicción a las pantallas fue otro aspecto relevante tratado en la
jornada, ya que este problema está incrementándose con el aumento del acceso a dispositivos
digitales entre niños, cada vez, a edades más tempranas. Las habilidades y conocimientos sobre
ciberseguridad que los futuros maestros pudieron adquirir en estas jornadas les permitirán guiar
mejor a sus estudiantes a través de los complejos desafíos del mundo digital. La necesidad de
trabajar en la ciberseguridad y el uso seguro y responsable de Internet, como se reiteró en el
evento, es un recordatorio crucial para toda la comunidad educativa. La tecnología, aunque
beneficiosa, también requiere un enfoque crítico y cuidadoso para maximizar sus ventajas
mientras se minimizan los riesgos. Agradecemos al Teniente Díaz Diéguez su valiosa
participación en estas jornadas y la resolución de todas las dudas que planteó nuestro
alumnado.

AVALIACIÓN FINAL DA MATERIA

El pasado viernes, 26 de abril, la clase de Organización del Centro Escolar del Grado de Educación Infantil tuvo lugar en un contexto diferente al habitual del aula de Magisterio, para desarrollarse en un centro educativo de Vigo.
Apenas 1,3 km separa el CEIP Plurilingüe Lope de Vega de nuestra Escuela CEU de Magisterio, por lo que la mayoría fuimos de caminata. Allí nos acogió su Equipo Directivo, compuesto por Elías Grande, Jesús Vázquez y Moncha Santos, que desempeñan las funciones de director, jefe de estudios y secretaria, respectivamente. A su vez, imparten algunas clases, entre ellas de Educación Física que tocaba ese día y pedimos que nos recibieran en situación para conocer la realidad. El primer momento de nerviosos se pasó enseguida, debido a la feliz coincidencia de que nuestra compañera Manuela de 1º B acababa de ganar el premio del Cuentacuentos con su interpretación sobre el Pollito Cocorico, que interpretó de nuevo para todos una vez reunidos. Después de este entrante, Elías nos explicó sus funciones en modo práctico, destacando las principales tareas que desarrolla como director. Jesús y Moncha añadieron las suyas particulares y, a continuación, nos llevaron por el centro para conocerlo. Lo que más gustó fue poder entrar en las aulas de infantil y primaria, así como ver a los niños y maestros en su ambiente.
¡Y todavía más! Algunos alumnos de 6º nos esperaban en el patio, con un aperitivo que habían preparado para nosotros en la cocina del cole… aperitivo que, por la hora y la abundancia, para algunos fue ya comida. A todos y cada uno: ¡¡muchas gracias!
Tuvimos la sensación de sentirnos como en casa, descubrimos el lado tan humano y acogedor de este Equipo¸ que se nota funcionaba como tal. Y nos entraron muchas ganas de estar pronto en un cole, como alguno de aquellos profesores que vimos. Estas experiencias resultan motivadoras y ahora nos sentimos más motivados para estudiar, que en estas fechas bien nos viene este impulso. También nos gustó mucho salir todos juntos, hicimos piña.
Parabéns polo seu nomeamento como Vigués Distinguido outorgado o pasado mes de marzo pola celebración de más de 50 anos de actividade. ¡Requete gracias al Colegio de Infantil y Primaria Lope de Vega!!

Cóntame un conto

Quen escribe isto preguntou cantos anos se leva organizando o Concurso de Contacontos e non houbo unha resposta clara, pero si unanimidade en que moitos anos. A pregunta era obrigada, porque basta con observar o decorado, a elección do lema e o coidado que poñen Rosa e mais Alicia para que todo saia ben para decatarse do gran traballo que hai detrás e da súa ilusión para que a literatura infantil e xuvenil teña o seu lugar nunha Escola que forma a futuros mestres. Por iso, hai que agradecerlles non só a elas, senón tamén a Lisa Sun, Manuela Lema, Julián Díaz, Lucía Blanco e Alba García que se animasen a participar e a todo o público que quixo acudir, aplaudir e deixarse engaiolar durante unha hora polas historias. Non hai misterio. Abondan tres palabras: Érase unha vez… para que sen saber como nos traslademos a outra realidade.
Con Manuela Lema acompañamos a Cocorico a facer un biscoito e cantamos tamén. Julián contounos a historia de Una gran sorpresa que unha estraña familia lle tiña preparada a unha xirafa. Con Lucía Blanco, iniciamos unha investigación escatolóxica acompañando a unha toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Alba presentounos o dilema de Dani: que facer se sospeitas que a túa mascota e un dinosauro? E malia que Lisa se empeñou en que non abrísemos ese libro. Xa era moi tarde, xa estabamos dentro do mundo da ficción coma rapaces pequenos cando de súpeto apareceu unha ratiña presumida cunha serie de pretendentes chamando a súa porta.

E falando de decisións difíciles, non só a ratiña tivo problemas, pois o xurado tardou en decidirse, pero despois de moita discusión, a profesora Fernanda, membro de honor esta edición, comunicou que a gañadora fora Manuela Lema, de 1º de Educación Infantil B, coa súa historia de Cocorico. E despedímonos unha edición máis cun sorriso, por este ano colorín colorado este conto está acabado.

Texto: Ana Caíño