Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas


O alumnado de 3º curso de Educación Primaria, na materia Lingua e Literatura Galega, desenvolveu ao longo do 2º cuadrimestre distintas iniciativas e campañas para dinamizar a lingua galega.  Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á poeta Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista coruñesa, convidámosvos a visitar e botar unha ollada ao seu contido. Hai para elixir. Un podcast, @nonmortadeparranda, no que atoparedes unha conversa amena entre rapazas sobre distintos temas. Porén, se queredes optar por contidos curtos e cun punto cómico, podedes optar polos perfís @malo.seera ou @rirengalego que tamén optaron por unha publicación en papel con contidos para todos os gustos. Se vistes andar unha xouba de pé pola Escola, non estades tolos e debedes visitar @rexoubas.galegas. Na outra rede social que ten nome de onomatopea, atoparedes o perfil@estudooxqotenhoqestudar con información moi curiosa sobre distintos asuntos. E xa na biografía do perfil deixámosvos dous enlaces: un a unha revista virtual con contido moi variado e viral e outro a unha curtametraxe utópica que amosa que pasaría se cada vez que un galegofalante tivese que aturar un prexuízo lingüístico soase unha alarma.
A idea era dinamizar a lingua galega, pero semella que foi a lingua galega a que os dinamizou a eles, espertou a súa creatividade e fíxolles ser conscientes do amplo terreo que teñen para traballar e conseguir que no futuro as novas xeracións medren sen prexuízos lingüísticos.
Pasade un bo Día das Letras Galegas!
Enlaces