III Certame “Contos para nenos”

III Certame “Contos para nenos”

III Certame “Contos para nenos”
 
Escuela Universitaria CEU de Magisterio Vigo (curso 2012-13)
DÍA 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
 
 BASES:
 
·        Poderá concorrer a este certame o alumnado matriculado no curso académico 2012-2013 da Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo.
·        O tema do conto, que deberá ser inédito e estar escrito en lingua galega, será de libre elección.
·        O traballo presentado non pode ter sido premiado en ningún outro certame.
·        Os traballos presentados terán unha extensión máxima de 12 follas. Presentaranse por triplicado (orixinal e dúas copias en cor), escritos a ordenador ou mecanografados a unha soa cara e a dobre espazo en papel DIN A4. Os escritos a ordenador empregarán a letra Comic Sans MS de tamaño 12.
·        Os traballos, que poderán vir acompañados de ilustracións cuxa técnica e formato tamén será de libre elección, só terán como único elemento identificativo un pseudónimo. Polo dito, non poderán ter ningunha nota e/ou inscrición que poida contribuír ao coñecemento da súa autoría. Ademais, entregaranse acompañados dun sobre pechado no que figure o título do conto e o pseudónimo utilizado. No interior do sobre incluiranse os datos de identificación do autor ou autora tales como nome, apelidos e curso.
·        Os participantes poderán entregar os seus traballos na biblioteca do Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo ata as 20.30 horas do día 2 de abril de 2013.
·        O xurado estará composto por cinco membros do claustro de profesores e da biblioteca da Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo. Este xurado concederá un único premio e poderá declarar deserto o certame se así o considera oportuno. Así mesmo, o seu ditame será comunicado ao gañador ou gañadora o día 4 de abril de 2013.
·        O premio consistirá nun lote de libros (valorado en 150 euros) que poderá escoller o gañador ou gañadora nunha librería determinada polo Centro.
·        A participación neste certame presupón a aceptación das bases.