O vindeiro xoves, 20 de decembro, poñemos fin ao primeiro cuadrimestre. Queremos despedir estes meses de estudo e traballo como se merecen e coller folgos para as vacacións e os exames que nos agardan á volta. Por iso, ás 11.30 h suspenderanse as clases para poder asistir á Eucaristía e, a continuación, ás 12.30 h, o Taller de Teatro da Escola ten preparado a representación dunha adaptación do Conto de Nadal de Charles Dickens, un clásico que xunto coa misa, servirá para facernos reflexionar sobre este período tan especial que se aproxima. Ao remate cantaremos uns vilancicos. Estades todos convidados!