
Na biblioteca do centro xa está dispoñible unha pequena escolma literaria preparada polo Departamento de Lingua e Literatura e pola propia Biblioteca con motivo do 25N. Reuníronse relatos breves que, desde distintos estilos e épocas, poñen o foco nesta lacra social que continúa a marcar tantas vidas.
Entre as obras elixidas figuran Requién con tostadas, de Mario Benedetti; Las medias rojas, de Emilia Pardo Bazán; La intrusa, de Jorge Luis Borges; ou Lucinda, de Xosé Neira Vilas, xunto con outros textos que convidan a ler con atención e espírito crítico.
A intención é ofrecer literatura de calidade que permita pensar, incomodar e actuar. Porque a lectura tamén é unha forma de compromiso e un modo de non mirar para outro lado cando a palabra pode abrir camiños de conciencia.
Un convite a entrar na biblioteca, coller un destes relatos e deixar que a literatura nos interpele.


