A biblioteca convértese nun escape room… pero segue sendo o mellor refuxio

A biblioteca convértese nun escape room… pero segue sendo o mellor refuxio

Con motivo do Día das Bibliotecas que se conmemora o 24 de outubro, a nosa biblioteca acolleu unha actividade moi especial: un Escape Room literario no que o reto era atopar o libro perdido. Durante a mañá do 23 de outubro, tres grupos de alumnas de primeiro, un grupo de profesoras e outro do PAS puxeron a proba o seu enxeño, traballo en equipo e paixón polos libros.
Por unhas horas, a biblioteca deixou de ser un espazo silencioso para converterse nun escenario de aventuras, pistas agochadas e risas compartidas.  As gañadoras foron as alumnas de 1º de Primaria A, Alba González, Sara Fernández e Sara Gómez. Tamén participaron Noa Barciela, Uxía Álvarez e Sofía López; Ana Caíño, Marta Peláez e Montse Rúa; Natalia Santomé e Vanessa Suárez; e Cristina Magdalena xunto con Ainhoa Núñez. Todos os equipos demostraron unha gran implicación e entusiasmo, facendo da experiencia un momento inesquecible.
Mais, mesmo entre enigmas e cronómetros, seguía presente esa atmosfera acolledora que lle dan Rosa e Alicia, as nosas bibliotecarias que conseguen que cada visita sexa como entrar na casiña do bosque dos contos: un lugar seguro, cheo de historias e sempre disposto a acoller.
Texto: Ana Caíño.