A III edición do concurso fotográfico ‘Donas de si’ xa ten gañadores

A III edición do concurso fotográfico ‘Donas de si’ xa ten gañadores

Por terceiro ano consecutivo, a enlace de Igualde, a profesora Montserrat Rúa, organizou o concurso fotográfico ‘Donas de si’. Nesta III edición, non foi un labor doado para o xurado seleccionar, de entre as trece fotografías enviadas, ás tres gañadoras, pero finalmente as persoas premiadas foron: 

1º Premio: ‘Con tal de vervos contentos’ de Samuel Alonso Amorín 

2º Premio: ‘Acompañada’ de Icia Irlanda Castillo Carballa 

3º Premio: ‘Hortensia’ de Violeta Álvarez Riveiro 

Todas as fotografías teñen un punto en común, pois os seus protagonistas son os nosos maiores, os nosos avós, que tan mal o pasaron con esta pandemia. Non só, porque o virus foi máis cruento con eles, senón tamén polo illamento social do que foron vítimas. As tecnoloxías ás que moitos se aferraron foron unha fiestra pola que escapar da soidade, como soubo recoller Icia coa súa fotografía. Pola súa banda, Samuel e Violeta decidiron homenaxear a súa bisavoa e a súa avoa, respectivamente. ‘Con tal de vervos contentos’ é unha frase da bisavoa de Samuel que amosa a xenerosidade dunha xeración que o deu todo e está disposta a dalo novamente polos seus. Hortensia, nacida a comezos de século, non tivo a oportunidade de facer algo que agora si fai a súa neta: estudar unha carreira para ser mestra. Bernando de Chartres dixo no século XII que somos como ananos ao ombros de xigantes, e, parafraseando a cita, poderiamos dicir que os nosos xigantes son os nosos maiores. Se podemos ver máis e máis lonxe é porque eles xa nos abriron camiño antes e somos levantados polo seu exemplo e o seu testemuño como ben souberon reflectir as fotografías premiadas. 

Parabéns ás persoas gañadoras e grazas a todas as que participastes nesta III edición.