Onte recibimos na Escola a outro escritor de LIX e tamén mestre do Colexio Divino Salvador, Xavier Estévez, que impartiu unha conferencia sobre a pregunta como ferramenta educativa. E abofé que saimos cheos de preguntas: por que non deberían existir os aguacates?, como sabe unha árbore que comezou a primavera?, entre moitas outras. Segundo el, a educación só é efectiva se parte dun reto e se asenta en dous elementos: as preguntas e os diálogos. Puxo un exemplo para ilustralo, o museo Moma. O seu Consello de Administración decatouse de que os visitantes case non aprendían nada nas visitas guiadas, así que decidiron cambiar a forma de facelas da man de Philip Yenawine e Abigail Housen que deixaron que os visitantes se movesen libres e cando se situasen diante dun cadro facerlles dúas preguntas: que está a ocorrer? e que che fai afirmar iso? Deste xeito, a partir das respostas dos visitantes, poderían ir explicando, porque, como afirmou Xavier, aprender a mirar e aprender a preguntar e ben certo é, porque grazas as súas preguntas e recomendacións bibliográficas, todos saímos cunha mirada máis esperta e pensando nunha alcantarilla que calquera día vennos de volta.