E despois da Festividade da Conversión de San Pablo, chegou a celebración de San Tomé de Aquino, un acto organizado pola Universidade de Vigo que busca recoñecer a excelencia dos seus titulados. Neste acto, celebrado o pasado venres, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, recibiron as súas medallas e insignias as galardoadas cos Premios extraordinarios de grao: as nosas alumnas e compañeiras, Celeste Lorenzo Barrera (Grao de Educación Infantil) e Raquel García Gómez (Grao de Educación Primaria); e tamén a nosa compañeira e profesora, Sara Martínez Carrera, que obtivo o Premio extraordinario de doutoramento. Tres mulleres excelentes que, como dixo o reitor, Manuel Reigosa, son exemplo dun «conxunto de talento e esforzo que vai facer que a sociedade na que nos inserimos sexa mellor». Moitos parabéns a todas elas!
Deixamos aquí o enlace ao vídeo do acto: https://tv.uvigo.es/video/65b3be42d1d93866293c9ed2