Celebración do Vía Crucis

Celebración do Vía Crucis

A Semana Santa xa está case aquí e aínda que a celebración do Vía Crucis ten lugar o venres santo, na Escola quixemos prepararnos para estes días tan especiais celebrando o noso Vía Crucis onte. Fixemos un percorrido no patio traseiro da Escola polas catorce estacións polas que Cristo pasou de camiño á súa crucifixión no monte Calvario. Organizado polo noso capellán, Uxío Nerga, e coa participación de alumnado, profesorado e persoal da Escola, este acto tivo un momento de reflexión, pero tamén de convivencia, pois rematou coa plantación de dúas árbores como símbolo da vida humana e cunha pequena merenda.