O alumnado de 3º de Primaria da materia Lingua e literatura galega fixo entrega onte do premio do concurso do Día das Letras Galegas á gañadora, Celeste Lorenzo, alumna de 2º de Infantil. O premio é un libro inédito de Xela Arias, Non te amola, a súa única obra narrativa, dirixida ao público infantil. De carácter autobiográfico, o libro está organizado en dezaseis contos nos que reflicte a súa infancia en Lugo e a súas relacións cos seus seres queridos. Agardamos que Celeste goce da lectura!
Remata maio, remata o mes das nosas letras coa primeira edición deste concurso.