CENTENARIO DE EMILIA PARDO BAZÁN

CENTENARIO DE EMILIA PARDO BAZÁN

Na traxectoria de Emilia Pardo Bazán foi unha constante a súa preocupación polos problemas educativos, especialmente os relacionados coas mulleres. Por iso hoxe, para celebrar o centenario da súa morte recuperamos algunhas citas da súa ponencia no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano (1892) que supuxeron unha inflexión na forma de entender en España a educación das mulleres.