Como auga en copa de cristal tallado

Como auga en copa de cristal tallado

O vindeiro xoves, 26 de outubro, teremos a sorte de que nos visite Fina Casalderrey, considerada unha escritora clásica do canon da literatura infantil e xuvenil galega. Exerceu durante máis de corenta anos como docente en distintos centros de Galicia e é membro da Real Academia Galega. Na súa traxectoria literaria, acadou numerosos premios e recoñecementos pola súa obra. De feito, na actualidade é candidata ao premio Hans Christian Andersen 2024, o galardón internacional máis importante no eido da literatura infantil e xuvenil.    

A charla  versará  sobre o apaixonante oficio de ensinante, da forza da palabra e da estimulación lectora, das primeiras lecturas, da primeira biblioteca, dos prexuízos sobre os temas máis axeitados para a infancia, de como facer para que o alumnado sinta o privilexio que supón a lectura dende a perspectiva dunha mestra que escribe sobre todo para nenas e nenos. 

Agardámosvos a todos o vindeiro xoves.