O alumnado dos Graos de Educación Primaria e Infantil tivo o privilexio de asistir a unha conferencia inspiradora con Víctor Rivas, destacado ilustrador español. Dende a súa perspectiva única, Víctor compartiu como o seu labor como concibe el a súa profesión: «Eu son un comunicador. Nunca debuxei por estética», sinalou. Quixo así distinguir o labor dos ilustradores fronte a dos artistas e o tipo de comunicación que se establece segundo o creador sexa un ilustrador ou un artista.
Durante a charla, revelou os entresixos do proceso creativo de ilustrar un libro, enfatizou a meticulosidade e a arte de saber ler entre liñas para captar a esencia dunha historia a través das imaxes. Segundo el, a ilustración non é só un complemento, senón unha parte integral da narrativa que enriquece a experiencia de lectura dende a infancia. Defendou o labor dos ilustradores e a necesidade de que os futuros mestres saiban ler as ilustracións para que poidan transmitir aos nenos esa sensibilidade que vai máis alá de dicir «ai que bonitas estas ilustracións». Grazas, Víctor Rivas, por compartir a súa paixón e coñecemento cos futuros educadores e por lembrarnos o poder transformador das imaxes na literatura infantil!