E por un momento todos fomos nenos outra vez...

E por un momento todos fomos nenos outra vez…

E por un momento todos fomos nenos outra vez…

O xoves pasado celebrouse unha nova edición do concurso de Cóntame un conto. Despois de que o ano pasado non se puidese levar a cabo, este curso, con todas as medidas que establecen os protocolos, puidemos gozar das historias que Gabriel Portela, Aroa Cerzón, Paula Lamela, Macarena García-Lastra, Diego Martínez e as nosas bibliotecarias, Rosa e mais Alicia, nos contaron.

Durante unha hora todos nos convertemos en nenos, esquecemos as nosas preocupacións e da man do Gato con Botas iniciamos un camiño que nos levou a casa do seu colega o gato Guille, de alí fomos invitados a cea entre un lobo famento e unha ovella inxenua, lemos con Duncan todas as cartas que lle mandaron as súas cores, botamos a voar con Pepiña Maruxiña e cando xa estabamos polo ceo arriba: Alto lá!, apareceu o Cuquedo para nos asustar.

O xurado, composto polas profesoras do Departamento de Lingua e Literatura, recoñeceu que non foi unha tarefa doada a de elixir os gañadores polo alto nivel de todos os participantes, pero finalmente os premios foron para as seguintes alumnas: 1º premio para Macarena García-Lastra, coa obra La ovejita que vino a cenar

e o 2º premio para Paula Lamela, coa obra El día que los crayones renunciaron.

Grazas a Rosa e mais Alicia por organizar un ano máis este concurso, grazas ao alumnado que se animou a participar e grazas tamén a todos os que seguistes o acto a través da rede. Con actividades coma esta que nos fan compartir momentos únicos, a Escola deixa de ser un edificio onde se da e recibe clase e convértese nun organismo vivo.

Texto: Ana Caíño