Érase unha vez Paula Carballeira…

Érase unha vez Paula Carballeira…

Este martes 26 de novembro, o alumnado e o persoal docente e non docente da Escola tivemos a sorte de que a escritora Paula Carballeira viñese á Escola a contarnos un conto. Un conto sobre como contar contos. Así, ao longo da súa interesante e interactiva intervención, Paula Carballeira foi explicando o elementos fundamentais da narración oral para a continuación, expoñer distintas estratexias para captar e manter a atención dos nenos. Para rematar, como un exemplo práctico, Paula Carballeira narrou un conto no que todo o público participou. Seguro que xamais esqueceremos que, como o Sapiño do conto, todos temos unha pedra preciosa na cabeza. Na nosa man está descubrir novos mundos máis aló da nosa charca.