Excursión a Santiago

Excursión a Santiago

Onte reuniuse un grupo de profesores e os delegados para pechar os últimos detalles da excursión a Santiago. Finalmente, quedou para o mércores, 6 de abril.  Sobre 8.30 h  está prevista a saída dos autobuses dende a Escola con destino a Santiago. Unha vez alí, tras a eucaristía, visitaremos a catedral onde por grupos poderemos ver o Pórtico, os tellados e mais o museo. Como non é posible que todos poidamos visitar todo na catedral, máis adiante farase un sorteo para ver que lle toca a cada grupo. Despois de comer, visitaremos o Museo Pedagóxico e volveremos a Vigo.

Dende hoxe ata o próximo xoves, 24 de marzo, todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán entregar a folla de inscrición xunto co importe en Conserxería.

Animádevos! #asantiagovou #escolamaxisterioceu #escuelamagisterioceuvigo