Cando comezaron as prácticas alá polo mes de setembro, desexámoslle moita sorte cun cadro de Andre Henri Dargelas. Hoxe que as rematan facémolo con outro cadro do mesmo pintor, titulado ‘Atrapado no acto’. Os nosos alumnos e compañeiros de 4º curso culminan hoxe un período fundamental na súa formación. Cando en setembro entraron nos seus centros fixérono con temor e incerteza, hoxe sairán máis experimentados, seguros e cunha morea de nomes propios e caras que tardarán en esquecer. Atrás quedan momentos bos e, ao mellor, non tan bos, por diante toda unha aventura: redactar un TFG, aprobar as materias pendentes e graduarse. Non é pouca cousa.