As prácticas son unha ventá aberta a unha realidade que é a protagonista da meirande parte das clases da nosa Escola. Grazas a elas, non só o alumnado, senon tamén o profesorado aprendemos sobre o que se fai nos centros e descubrimos que a teoría sen práctica pouco sentido ten. Moitos dos nosos alumnos aproveitan este período para facer o TFG ao propor unha intervención ou unha investigación sobre unha realidade da aula. Este é o caso da profesora Elena Ciga e da súa alumna de TFG, Eva Estévez. Froito da súa investigación, a profesora Elena foi invitada ao centro onde Eva realiza as prácticas para ler cos rapaces A historia interminable de Michael Ende. Unha experiencia marabillosa na que Elena, Eva, os nenos de 5º curso e a súa profesora compartiron un momento único de lectura e aprendizaxe recíproca. Agora a Eva como ao restos dos seus compañeiros de 4º tócalles comezar a dar forma a ese TFG.