Para conmemorar o Día do Libro Infantil (2 de abril) e mais o Día do Libro (23 de abril), o alumnado de 3º de Primaria organizou na materia Lingua e literatura galega unha pequena mostra con distintos libros que deixaron a súa pegada no alumnado, profesorado e mais PAS da Escola. Grazas a todas as persoas que vos animastes a participar nesta pequena exposición. Grazas porque nunca foi tan importante, tan revolucionario, espallar e reivindicar a lectura.