Maestros CEU, líder indiscutible

Maestros CEU, líder indiscutible

O noso equipo de fútbol sala está a dar unha auténtica lección na liga universitaria de fútbol sala da UVigo. Este xoves impuxéronse no último partido de liga 3-1 ao segundo clasificado, Ingenieros Masilla. Neste partido contaron co apoio do profesor José Luis Holgado e mais de compañeiros e compañeiras, seareiros fieis, que non dubidaron en amosarlle o seu apoio en todos os partidos disputados. Deste xeito,  remataron esta fase de clasificación sen coñecer a derrota e como líderes indiscutibles o que lles vai permitir acceder á competición interuniversitaria que se realizará o próximo xoves, 10 de marzo, na que se enfrontarán a equipos do campus de Ourense e Pontevedra. O capitán do equipo, Daniel Lorenzo, alumno de 1º curso do Grao de Educación Infantil, recoñece o compromiso de todo o equipo e o orgullo co que representan a nosa Escola no campionato.  Agardamos que siga esta boa racha e continúen a dar unha lección non só futbolística, senón tamén de compromiso e traballo en equipo. Afouteza e corazón para eles nesta nova fase!