
O pasado 12 de marzo, a vida da Escola tal e como a coñeciamos quedou en suspenso: as clases presenciais, as conferencias, os talleres, as distintas exposicións. Días máis tarde atopámonos virtualmente e seguimos adiante coas clases. A vida académica segue dun xeito diferente, pero segue.
Entre esas actividades que parecían quedar en suspenso, estaba o concurso de fotografía “Donas de si” coa que a Escola quería recoñecer o papel da muller na historia. Este concurso aberto a todo o alumnado da Escola tiña como obxectivo representar escenas da vida cotiá de mulleres en diferentes ámbitos da sociedade. O prazo para enviar as imaxes rematou este luns 23 de marzo. A súa acollida polo alumnado foi moi boa e nel participaron estudantes do Grao de Educación Primaria e do Grao de Educación Infantil. Aquí vos achegamos unha escolma das fotografías enviadas. Seguramente nestes días tamén atopamos moitos máis exemplos do importante labor das mulleres nesta crise sanitaria que estamos a vivir. Sirva esta selección como unha humilde homenaxe para todas elas.
| NÚMERO | TITULO | AUTOR/A |
| 1 | Fortaleza | Estela Cuntín Lago |
| 2 | mujer trabajadora | Débora Álvare Rubino |
| 3 | Mulleres do rural | Ana Rodríguez González |
| 4 | Sobre ruedas | Sandra Valbuena Rial |
| 5 | Feliz con lo que hago | Sara Domínguez González |
| 6 | amor y felicidad | Laura Abejon Varela |
| 7 | Cariño que sana | Antía Fernández González |
| 8 | Paseos de invierno | Antía Fernández González |
| 9 | A MULLER e a súa IALMA | Gabriel Portela Santos |
| 10 | Efímero | Clara Isabel Montalvo Galán |
| 11 | Sempiterno | Clara Isabel Montalvo Galán |
| 12 | Preparándose para el frente | Paula Cordeiro Durán |
| 13 | Pasión por la costura | Antía Pazos Riveiro |
| 14 | Cocinar es hacer trozos de amor comestibles | Nerea Vieira Alonso |
1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14



