Para render a nosa pequena homenaxe a muller da sociedade actual a Escola convocou a II edición do concurso de fotografía “Donas de si”.
Este concurso aberto a todo o alumnado da Escola tiña como obxectivo representar escenas da vida cotiá de mulleres reflectida dende calquera ámbito da sociedade. O prazo para enviar as imaxes rematou este venres 12 de marzo. A súa acollida polo alumnado foi moi boa e nel participaron tanto estudantes do Grao de Educación Primaria como do Grao de Educación Infantil.
Aquí vos achegamos unha escolma das fotografías enviadas. Sirva esta selección como unha humilde homenaxe para todas elas.
Nos próximos días publicaremos as tres fotografías gañadoras pero vaia por diante os nosos parabéns para os participantes pola beleza e simbolismo das imaxes presentadas.
Grazas a todas e todos por participar.