O CEU en camiño

O CEU en camiño

Os nosos compañeiros do CEU chegados de varias partes de España fixeron este fin de semana o camiño de Santiago. Foi unha experiencia única que seguro recordarán sempre. Durante tres días camiñaron dende Pontevedra a Santiago. Foron moitas horas de andar, de rir, de cantar, de cansarse, de pensar que non se podía máis, de reflexión e de comprometerse cuns valores cristiáns que nos identifica e nos distingue. O noso capelán, Benito Rodríguez, tamén quixo acompañalos na Eucaristía celebrada en Milladoiro. Agora, nas súas universidades seguirán camiñando baixo a protección do noso apóstolo Santiago.