Os estudantes de 1º de Infantil convértense en ‘contubeiros’

Os estudantes de 1º de Infantil convértense en ‘contubeiros’

Contubers, un acrónimo de conto e mais youtuber, é o nome dun proxecto do alumnado de 1º de Educación Infantil que xurdiu como un exercicio práctico dentro da materia de Lingua Galega. O seu obxectivo é o de espallar a lectura de contos clásicos e actuais en galego a través dunha canle de Youtube. Non foi un traballo doado, porque desenvolveuse en pleno confinamento e os estudantes deberon procurar as obras pola súa conta e cos seus propios recursos crear un vídeo no que recomendasen un conto infantil ou directamente fosen eles os encargados de contalo.

Como esta semana celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ricardo Carvalho Calero, autor tamén de obras infantís como As pitas baixo a choiva, compartimos con vós este proxecto. #EuFaloGalego #QueremosGalego

Enlace a Youtube