Pioneras

Pioneras

Por que conmemoramos onte o 8 de marzo? Por que non un 9 de abril? Por que a cor violeta? Por que non un día do home? Temos claras as respostas? Máis aló do día 8 de marzo, a Escola quere celebrar este día ao longo destas semanas con distintas actividades, coordinadas pola Enlace de Igualdade, a profesora Montserrat Rúa, dende diferentes materias. Non pasedes de longo: en Biblioteca teredes unha pequena mostra bibliográfica, nos diferentes andares distintas exposicións sobre pioneiras, na entrada unha pequena exposición sobre as mulleres e a tecnoloxía cun concurso con premio e temos o xa clásico concurso fotográfico de Donas de si. Non deixedes de participar, de pararvos a ollar con curiosidade o que vos rodea. O feminismo, a igualdade comezan por pequenos actos: ter claras as respostas, saber de onde vimos, grazas a quen estamos aquí e manter ese legado.