A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación convoca seis premios para os mellores TFG ou TFM que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social.
Requisitos
- Realizar un TFG ou TFM sobre as temáticas mencionadas na Universidade de Vigo no curso 2018/19.
- Superar o traballo cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos sobre 10.
Solicitude
- Ata o 7 de agosto
- Cubrir o formulario en liña na Secretaría Virtual e logo entregalo por Rexistro.
- Entregar a seguinte documentación:
- Memoria en que se describan as características do traballo (máx. 10 páxinas).
- Informe do director/a do traballo.
- Unha copia do TFG ou TFM.
Premios
A contía máxima do premio será o importe dos prezos públicos por servizos académicos dos estudos de máster ou doutoramento dos que se matricule o alumnado no curso 2019/2020.
- Artes e Humanidades: 1.
- Ciencias e Ciencias da Saúde: 1.
- Ciencias Sociais e Xurídicas: 2.
- Enxeñaría e Arquitectura: 2.
A convocatoria completa está dispoñible na Secretaría Virtual.
Máis información:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
[email protected]