Primavera das letras na Escola

Primavera das letras na Escola

Dicía Curros Enríquez ‘Ahí ven o maio / de frores cuberto’, ademais de flores, na nosa Escola, o maio vén acompañado tamén de letras para celebrar o Día das Letras Galegas que este ano está dedicado á escritora Xela Arias. Ademais da mostra que se pode ver en Biblioteca, o alumnado de 3º de Primaria deseñou na materia de Lingua e literatura galega unha serie de actividades para celebrar esta data. Entre elas destacamos a exposición que se pode ver no 2º andar da Escola e un concurso para dar a coñecer a traxectoria biográfica e literaria da escritora homenaxeada este ano. As persoas interesadas en participar deberán escanear os códigos QR que vaian atopando pola Escola e ir anotando as palabras clave coas que, ao final, deberán construír unha oración. Para concursar e entrar no sorteo dun premio relacionado co Día das Letras Galegas, as persoas participantes deberán enviar un correo electrónico ao seguinte enderezo [email protected] no que han de indicar o seu nome completo, curso e a oración formada. O sorteo realizarase o 20 de maio, data na que se coñecerá o gañador.

Animádevos a participar e moita sorte!