Purificación García Cajide participa nas V Xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’

Purificación García Cajide participa nas V Xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’

A profesora, Purificación García Cajide, participou nas  V Xornadas «Ti  tamén formas parte do TDAH» organizadas en Ribeira pola Asociación TDAH Salnés e pola Xunta de Galicia. No seu relatorio titulado «Baixo a pel do TDAH. Da Educación Secundaria e a Formación Profesional á Universidade«, a nosa compañeira e profesora abordou os cambios e as dificultades que as persoas con TDAH deben enfrontar na etapa universitaria.