Que é ser un mestre?

Que é ser un mestre?

Que é ser un mestre? Que significa ser mestre? Que papel temos na nosa sociedade? Preguntas difíciles para as que non hai respostas exactas, pero preguntas moi acaídas para o Día do Mestre que celebramos este xoves. O encargado de respondelas foi un mestre, Roberto Sande, profesor de Educación Infantil do Colexio Cluny que veu falarnos do seu día a día e de como ve el o mundo da educación. Unha charla chea de anécdotas e exemplos nas que Roberto transmitiu o seu entusiasmo e vocación ao público que non dubidou en facerlle aínda máis preguntas.  Moitas grazas a Roberto por abrirnos unha xanela pola que ver como é o día día dun mestre e polo súa vocación que abofé inspirou a moitos dos nosos estudantes.