Que libro te marcou cando eras pequeno? 

Que libro te marcou cando eras pequeno? 

Todos somos os libros que lemos ou que nos leron. O libro co que aprendiches a ler, o primeiro libro que che mercaron, o libro que non puideches abandonar ata que chegaches o final, aquela historia que che leron e aínda te acompaña hoxe, aquel personaxe co que conectaches e fíxote sentir menos só… Abril é o mes dos libros e o alumnado de 3º curso de Ed. Primaria da materia Lingua e literatura: Galego quere celebrar o Día do Libro Infantil (que se celebrou o 2 de abril) e o Día do Libro de maneira conxunta cunha iniciativa que leva por título: Que libro te marcou cando eras pequeno? A idea é que alumnado, PDI e PAS participen enviando as súas propostas e facer despois unha pequena exposición que recolla estas achegas. Participa enviando a túa proposta ou pon en comentarios aquel libro ou historia que aínda te acompaña hoxe e explica brevemente por que.