Hai un conto de Gianni Rodari que todos deberiamos ler. Títulase A vella tía Ada. Talvez deste xeito entenderiamos que todos levamos un vello en nós, aínda que agora nos sintamos invencibles. Hai uns días, o director da Residencia de Anciáns de Campolongo mandaba unha mensaxe moi dura na que denunciaba como a sociedade vive allea a soidade dos maiores. Esa mensaxe chegou ás nosas aulas e o alumnado de 1º de Educación Infantil e mais parte do alumnado de 3º de Educación Primaria e Infantil escribiron esta semana pasada postais para os maiores da residencias. En principio, as cartas vanse enviar a Residencia de Maiores de Campolongo en Pontevedra, pero é probable que se repartan con outras, pois a resposta a esa mensaxe do director foi extraordinaria. Bo sería que non fixeran falta estas chamadas de atención e que isto non quedase só como nunha actividade de Nadal.