A Escola acolleu hoxe a celebración da I Edición do Samagosto, produto da unión de dúas festas populares galegas que se celebren por este tempo: o Samaín e o magosto. A partir das 11.30 h, todo o alumnado e persoal docente e non docente da Escola puideron desgustar castañas asadas e pasar algo de medo co concurso de disfraces. Cando a choiva fixo acto de presenza, a celebración trasladouse ao interior da Escola cun circuíto de xogos populares que foi posible grazas a colaboración e compromiso do alumnado de 2º de Educación Primaria e da súa profesora, Xoana Reguera.
Agrupados en equipos, os estudantes ían competindo e superando distintos xogos, así ata que un deles conseguiu rematar en primeiro lugar todo o circuíto. Os gañadores foron un equipo integrado por alumnos de 3º de Infantil; Alba Areas, Sara Domínguez, Antía Fernández, Sandra Valbuena e polo profesor José Luis Holgado, que obtiveron como premio cadanseu vale para unha consumición na cafetería.
As persoas gañadoras do concurso de disfraces daranse a coñecer a vindeira semana, pois é preciso que o alumnado que participou subindo a súa fotografía ao Instagram cambie a privacidade da foto para que o xurado poida xulgar o disfrace seguindo a etiqueta #samagostoceu
En resumo, foi unha xornada lúdica de cornetes, choiva, música, xogos e disfraces arrepiantes coa que quixemos reivindicar a importancia de coñecer e manter as nosas tradicións ao tempo que compartiamos un momento xuntos como comunidade.