O alumnado de 3º de Educación Primaria deseñou algunhas actividades para conmemorar este día dedicado á figura de Rosalía de Castro, a escritora máis importante da literatura galega e tamén a máis popular. Entre as actividades, salientamos o cartel, feito por Gabriel Portela, e unha lista de reprodución con cancións elixidas por eles que vos animamos a oír no seguinte enlace: Spotify porque o mellor xeito de homenaxear a Rosalía e través dos seus versos e a súa obra:
Canta porque a luz te escoite.
Canta porque o millo medre.
Canta, que fuxiu a noite.
CANTA! CANTA! CANTA!
E ti, tes algún poema ou verso favorito? Pono en comentarios!