O xoves presentáronse os talleres e algunhas das actividades que se desenvolverán ao longo deste cuadrimestre. A señora Phelps regresa con novas lecturas disposta a seguir compartindo momentos únicos ao redor de bos libros. As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 26 de setembro para matricularse (no correo [email protected]) e o 28 de setembro botará andar esta segunda edición. Pola súa banda, o profesor Javier Pascual vén, tamén por segundo ano, cunha proposta de taller no que se traballará como falar en público. Os interesados poden poñerse en contacto con [email protected].
A profesora Montserrat Rúa tamén trouxo unha actividade ben interesante coa que coñecer o noso patrimonio artístico e cultural máis próximo. Como futuros mestres, nun futuro, tamén vos tocará preparar saídas culturais co voso alumnado, así que con este taller traballarase como organizar estas actividades e tamén se sairá a coñecer Vigo a través da súa historia. As persoas interesadas quedan convidadas a unha reunión o día 27 as 13h na Sala de Profesores.
E o coordinador de voluntariado, Alberto Santos, convidou a todos os asistentes a participar na peregrinación que se fará con outros centros do CEU ao Castelo de Javier en Navarra. Para calquera dúbida, preguntade ao coordinador ([email protected]).
Hai vida máis alá das clases. Moita vida.