TEA

TEA

Este xoves tivemos a sorte de contar coa presenza do doutor Óscar Blanco Barca, neuropediatra do Hospital Álvaro Cunqueiro e profesor asociado da Facultade de Medicina da USC. Na súa completa conferencia, Óscar Blanco deu unha serie de pautas para enfocar o autismo dende as aulas e subliñou a importancia dos docentes na detección temperá deste trastorno, así como a necesidade de que mestres e outros profesionais traballen de xeito conxunto para ter un enfoque multidisciplinar que permita ter unha visión global.

O tempo quedou curto para unha charla tan exhaustiva e amena na que coa axuda de vídeos e outros recursos o doutor Óscar Blanco foi tratando diferentes aspectos (definición, transcendencia social, diagnóstico, etc.). Foi todo un privilexio escoitalo e unha sorte que puidese visitarnos.