Unha semana para a lingua galega 

Unha semana para a lingua galega 

O alumnado de 3º do Grao de Educación Infantil está a desenvolver na materia de Lingua e literatura galega unha serie de actividades para dinamizar e promover o uso do galego na Escola. Ao longo da vindeira semana, todo o estudantado da Escola poderá participar nas seguintes actividades:

  1. Concurso ‘Responde se podes’. O concurso sobre cultura e literatura galega celebrarase os días 15 e 16 de decembro na aula de Psicomotricidade no descanso (11.30 -12 h). O 16 será a gran final entre os dous concursantes que o mércores resulten gañadores da fase de clasificación. Só poderán participar as seis primeiras persoas en inscribirse. Para asistir como público (como o aforo é limitado) o alumnado tamén terá que escanear o código QR.
  2. Un ‘photocall’ na segunda planta da Escola. O alumnado poderá sacar as súas fotos con #sentidiño: sen retirar a máscara en ningún momento e gardando a distancia interpersoal e poderá subilas coa etiqueta #eusíntomegalego.
  3. E, xa por último, poderán unirse a unha lista de reprodución e gozar de máis de 3 horas de música en galego.